O Cruceiro e a Ara de San Vicente

O Cruceiro de San Vicente

Namais chegar a igrexa parroquial atopamos este cruceiro levantado sobre unha plataforma escalonada con columna cadrada, que se converte en octogonal ó chegar ó capitel liso e cadrado, o conxunto forma unha base pouco apropiada para o cruceiro que sustenta, o que nos pode indicar que non é a base orixinal do mesmo . A cruz, de brazos cadrados con decoración flamíxera, representa nun dos seus lados á Virxe María coroada co neno no colo. Sobre a cabeza da Virxe hai un resalte ou templete propio das cruces góticas. A outra cara do cruceiro representa a crucifixión, no que aparecen a Virxe, San Xoán, unha figura aseonllada e un anxo coroando a Cristo, no seu peito podemos observar uns pequenos resaltes que asemellan botóns, o que fai pensar que as figuras puideron ser policromadas orixinalmente.A pesar da data que se aprecia no pedestal, 1863, pódese aventurar que a cruz é unha obra moi anterior, arredor do séculoXV.

novocruz  DSCF0015_1

 Ara votiva, detalles 

Ala polo mes de agosto do ano 1967 apareceu na igrexa parroquial de San Vicente de Fervenzas un ara votiva da época romana adicada a Xúpiter. Atopouse no subsolo do prebisterio, lado correspondente o Evanxelio, con ocasión dunhas obras realizadas no mesmo. Era rector desta feligresía don Ramiro Ferreiro López, un home de gran cultura, feito que probablemente salvara a peza do olvido, nun tempo que se daba moi pouca importancia a estas cousas.
A aparición desta ara fai pensar na posibel existencia dun templo pagán que puido ser destruido o surxir o cristianismo, levantando no seu lugar a igrexa actual. Cousas semellantes ocorreron con moita frecuencia.Durante varios anos esta ARA permaneceu na mesma igrexa, no ano 1981 foi trasladada a Betanzos para unha exposición organizada polo concello brigantino. A partires do ano 1983 pasa a ser depositada no Museo das Mariñas en Betanzos.
A ara está feita en granito do país, de forma prismática e sección rectangular, con danos na parte superior, aprecianse restos dunha moldura simple, repitese este adorno en toda a base que tamén está rota na parte destinada a ir crabada na terra. Na cara posterior non aparece labra ningunha nin señales de focus no lugar acostumado.
Ten unha altura de 63 cm, 22,5 cm de ancho (na parte media do tronco) e uns 20 cm de espesor medio.
O tamaño das letras, grabadas en oco, oscila entre 48 e 50 mm, podendo atribuirse a inscripción, polo trazado dos caracteres, a segunda metade do século I da nosa era, esto coas necesarias reservas. A separación das palabras está representada por puntos apróximadamente redondos .O texto aproximado que se aprecia e o seguinte:
-R(rufus) Bassi-
-ânus v-
-otum
-Iovi
-I(ibens) a(nimo) s(olvit).
Interrupción por puntos, e nas liñas 3-4 de ápices. Liña 1: R(rufus) B?assi .-liña 2: mus v
O xentilicio Rufius aparece na península Ibérica soamente en Asturica Aug. (CIL II 2659 = ILer 4058), en Lucus Aug. (IRPlugo 28, na nai dun cives -sic- Asturicensis) e en Tarraco (CIL II 4332 = RIT 368); o seu cognomen aparece na península por primeira vez na presente inscrición. Por esa razón e tamén polo caracter da ara e da estructura do texto, en todo estranos ó galaico-romano, o dedicante procedía seguramente de fora do Conv. Lucensis.
Todos estes datos foron extraidos do Anuario Brigantino 1993, e proceden das investigacións do profesor brigantino Vales Villamarín

 

Advertisements

One Response to O Cruceiro e a Ara de San Vicente

  1. Pingback: Patrimonio de Aranga | Fervenzas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s