O Castelo de Aranga

A tardía integración da xurisdicción de Aranga no dominio señorial de Sobrado(a finais do s.XII) século e medio despois da sua fundación oficial como mosteiro familiar dos Condes de Présaras, poida que contribua a explica-la dureza dos usos e costumes feudales en dito territorio, abolidos en parte pola sentenza de 1347 (Carlos BARROS, “Rito y violación: derecho de pernada en la Baja Edad Media “, Historia Social , UNED, Valencia, nº 16, primavera-verano 1993, pp. 4-5 así como a rebeldía da xente de Aranga o dominio cistercense.

O 23 de outono de 1193, Alfonso IX doa ó mosteiro de Sobrado o castelo do “brozo”(Este nome podíao recicir por atoparse en mal estado ou con moita maleza, as referencias mais antigas, ata a revolta irmandiña, chamano “castelo de Aranga”. Cando o bispo iriense Pedro I (Pedro de Mezonzo) restaura o Mosteiro de Santa Eulalia de Curtis, ubicando a parroquia de “San Vicentio de Narmaia,quae est juxta Castellum de Aranga”-Enrique FLOREZ “España Sagrada, tomo XIX, 1765, p 387; a presunta inexistencia do concilio lucense de 569, do que se deriva o chamado privilexio do rei Miro de 570 no que delimita o décimo condado da Iglesia de Lugo de Narla (Friol) que chega ata o castelo de Aranga, non lle resta interés a referencia medieval aínda sendo falso o documento como defendeu FLOREZ ( España Sagrada , tomo IV, 1749, pp. 130-151) contra outros historiadores coma Francisco Huerta y Vega ( Anales del Reyno de Galicia , 1733, p. 408) ou Manuel MUrguía que escribeu: “ El Concilio II de Lugo no corre con gran predicamento entre los eruditos, mas importa poco; nunca podrá negarse que en los primeros tiempos de la reconquista [siglo VIII], aparece ya el obispado de Iria dividido en condados, de tal manera, que no sería difícil señalar los que correspondieron a esta sede [Lugo] y le fueron asignados en el citado concilio [siglo VI]”, El foro. Sus orígenes, su historia, sus condiciones, p. 58 n. 1. ). O castelo foi cedido coa condición de que non se voltase a reedificar e que nadie perturbase a nova propiedade xuridiscional do cenobio cos seus marcos (Mauricio CARBAJO, Cronicón manuscrito de Santa María de Sobrado (1775), Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, ms. 587, fols. 425-425v. ) .Fernando II,Alfonso X (1255)e Alfonso XI (1345) confirman o privilexio recopilatorio de Alfonso IX de 1226 reafirmando a doazon, xunto a outras propiedades o Mosteiro de Sobrado a posesión do castelo e coto de Aranga, que aparece “in primus locum” ( o Mosteiro solicita en Ourense un traslado notarial do privilexio recopilatorio de Alfonso IX, e as confirmacions dos reis posteriores ata 1345; non existen confirmacions de reis do dominio de Sobrado sobre as terras de Aranga que sexan posteriores o pleito cos veciños que provocan e pretende resolver a sentenzas do xuíz real de 1347)

O autor no século XVI dun Códice de Sobrado conservado no Archico Histórico Nacional resume, e interpreta, o privilexio de 1193 decindo que Alfonso IX dera o Mosteiro o “castillo de broço que por çiertas raçones se avia destruydo con los cotos a el anexos, que es lo que agora se llama tierra de Aranga… y esto con condiçion de que el castillo no se Reedifique, porque estos castillos eran cuevas de ladrones en este Reino, lo que esta dentro de estos marcos es la mas estendida jurisdicción que esta casa tiene”.O coto de Aranga do Mosteiro de Sobrado e pois a continuación da xurisdición feudal do castelo, que lles foi concedido os monxes cistercienses coa condición de non reconstruilo, dando a entender o rei que a fortaleza estaba mellor derruida e invadida de maleza. Cando o monxe escribe o códice di que o castelo destruido por certas razons, lexitma estas-fundamentalmente a acción da monarquia- polos supostos roubos que desde él facían os seus propietarios e habitantes seglares ( O autor do códice está probablemente influido pola memoria colectiva, viva o longo do s.XVI, da revolta irmandiña de 1467 contra as fortalezas de malfeitores do Reino de Galicia, entre as que se atopaba o Castelo de Aranga, que o parecer non foi derrocado polos vasallos, xa que estos apoiaban o seu íltimo propietario noble, Pedro Muñiz contra o mosteiro de Sobrado no pleito de 1168. O castelo parece estar no s.XII, mais adicado a protección do señor laico e dos vasallos de Aranga frente a outros señores, que a opresión dos campesiños do coto,durante o s.XIII e gran parte do s.XIV permanece derruido, sendo sustituido como centro do poder feudal pola granxa de Carballotorto, hasta a sua reedificación polos novos señores( os Andrade e/ou os Ulloa) a finais do s.XIV e principios do s.XV.)

Queda claro, polo demais, a importancia do novo señorio para Sobrado, por moito que o monxe redactor exaxere.Con todo, a pesar da incorporación de Aranga a Sobrado na documentación eclesiastica seguen constando Sobrado e Aranga como xurisdiccións distintas, como se pode ver nas confirmacions papales a Iglesia de Santiago nos anos 1199 e 1225, que escriben-como antes da integración, en 1178 e 1181 “Superaddo et Aranga”(Tumbo B de la Catedral de Santiago , María T. GONZÁLEZ, edit., Santiago, 2004, pp. 529, 545, 581, 606; o mesmo, por exemplo, nun documento de 1163 sobre heredades en “cauto superaddo et de aranga”, Tumbo de Sobrado , I, p. 226)

O Mosteiro de Sobrado sempre desexou o control da cercana terra de Aranga, por estar entre o seu espazo natural de expansión entre os rios Tambre, Mandeo e Eume, complementerio do territorio interior competencia da igrexa de Santiago, entre os ríos Ulla e Tambre nos séculos XI-XII. A artir da sua fundación en952, por parte do Condes de Présaras, os monxes e monxas de Sobrado reciben vilas e heredades na xurisdicción veciña de Aranga, pero non controlan o castelo e polo tanto o territorio e os tributos de vasallaxe. En 966,Sisnando, bispo de Santiago e fillo dos Condes de Presaras, pretende facer doazon do Castelo de Aranga o Mosterio de Sobrado polo que Mauricio Carbajo deduxo no s.XVIII, en consecuencia, que a fortaleza pertenceu o condado heredado de seus pais. Dúdase deste feito,e mais probable a posesión, na segunda metade do s.X, da terra de Aranga e o castelo por parte do conde Gutierrez Rodríguez de Aranga e esposa, pais de Ilduara Gutierrez de Aranga e abuelos de Elvira de Faro, nai de Pedro Froilaz, primeiro conde de Traba ( José Luis LÓPEZ SANGIL, La nobleza altomedieval gallega. La familia Froilaz-Traba, Noia, 2002, p. 16 e cadro xenealóxico nº 3 en Apéndice.) Outra cousa e que os fundadoresde Sobrado, tiberan outra interpretación, sobre a pertenza desta xurisdicción menor que, posteriormente, asegura a sua independencia unindose o condado de Traba.

Os pais do bispo Sisnando traspasan o condado de Presaras no 958 o recén constituido mosteiro de Sobrado. Nin neste docmento, nin nos anteriores e posteriores de doazon de vilas, igrexas e xurisdiccions da familia de Hermenegildo e Paterne a Sobrado, xamais aparecen nombrados o castelo e terra de Aranga. Polo que inferimos que a tentativa de doazón de 966 non tivo efecto. Con todo, ratifica a importacia xurisdiccional que ten o castelo de Aranga un dos primeiros en surxir no arzobispado de Santiago: sin a posesión do Castelo non será posible durante os séculos X-XI-XII, asegurar ningún poder señorial no val de Aranga.

A realidade e que Aranga non se incorpora o coto de Sobrado ata o privilexio de doazon do rei Alfonso IX de 1193. Hasta ese momento, este disputado territorio vertebrado por unha fortaleza, consta vinculado por herencia dos condes de Aranga, a poderosa casa de Traba, a xurisdicción Trástamara (mais ala do rio Tambre) incluía, de maneira natural o castelo de Aranga e o seu coto que pasaron seguramente os Traba, polo matrimonio a principios do s.XI de Floira Bermudez coa neta do conde Gutierrez Rodríguez de Aranga. Pedro Froilaz, fillo de Froila Bermudez e fundador da casa de Traba, transmitirá a xurisdicción propia do linaxe da sua nai os seus fillos e netos, que anexan Aranga a Traba, coma se tivesen a mesma importancia, nos seus títulos feudales n segunda metade do s.XII, momento no mosteiro de Sobrado, expandese a vez que reafirma a sua independencia entrando na orden do Císter.

O 12 de Febreiro de 1156, temos así a Gonzalo Fernández de Traba, fillo de Fernando Pérez de Traba e neto predilecto de Pedro Froilaz, exercendo como “comes Gundisalvus senior in Trava et Aranga”. O 14 de abril de 1157, o noso “comes domnus Gundisalvus dominante Trava et Aranga”, e o confirmante principal dunha escritura de Sobrado (“in presentiam comitis donni Gundisalvi”) en Santa Eulalia de Curtis, feligresia fronteiriza con Aranga e parte do condado de Traba ( u Trastamara). O 1 de xunio, aparece de novo nombrado a final dunha doazon de particulares a Sobrado como “Comes Gundisaluus senior in Traua et in Aranga” e o 26 de Decembro do mesmo ano e mencionado de novo “Comes Gundisaluus senior in Traua et in Aranga”. Tratabase normalmente, de escrituras de Sobrado que teñen que ver con Aranga (donde o Mosteiro recoñecia a autoridade condal dos Traba) e acostuman nomear o rei do momento o conde da terra, o arzobispo de Santiago e o bispo de Lugo. Repitese a formula do conde Gonzalo o 29 de xaneiro de 1159, pero o 20 de setembro de 1161 volve a aparecer extranamente o título do seu pai (“Comes dompnus Fernandus in Traua et in Aranga et in Monteroso”) nuha rara formula que xunta a xurisdiccions Traba-Aranga co condado de Monterroso, que non detentaba o seu fillo Gonzalo senon o seu tío Rodriguez Pérez de Traba, el Velloso.

O último documento coñecido do conde Gonzalo de Traba e Aranga e do 31 de decembro de 1164. Cara o 1168 a situación xurisdicional cambia, no interior da extensa familia dos Traba: o territorio de Aranga aparece de forma indepndiente, coma no s.X, baixo o señorio de Pedro Muñiz, chamado Coma, fillo de Lupa Pérez de Traba, irmán dos citados condes Fernando e Rodrigo, oportunamente casada con Munio Peláez, conde de Monterroso. Pedro Muñiz e, polo tanto, tamen neto de pedro Froilaz, conde de Galicia, avó de Alfonso VII e partenaire de Gelmirez na Historia Compostela.Petrus Munionis, desprovisto do condado de Monterroso do sseu pai (absorvido pola rama principal dos Traba), xoga, con todo, un papel político-militar en Castela como veremos mais adiante,téñense noticias suas, entre 1158 e 1176, como participante na curia de FernandoII.

Pedro Muñiz ve rápido impugnado o seu señorio de Aranga polo emerxente mosteiro cisterciense. En 1168 enfrentase nun pleito sonado o Mosteiro de Sobrado polos homes da terra de Aranga, e outras posesions (igrexas, sobre todo) no coto de Sobrado, co apoio dos campesiños, dun lado, e polo outro a protección do arzobispo de Santiago, Pedro Gundestéiz (1168- 1173), “qui in illo tempore erat adversaruis Superaddi pro causa archiepiscopi dommi Martini “.O pleito foi visto por Fernando II na cidade de Lugo, escoitou a uns e a outros, e nomeou unha comisión arbitral de “bonos hominis” da nobreza (os Suariz), encabezada polo bispo de Lugo,que sentencia a favor de Sobrado e trata,con este documento do 1 de xunio de 1168, presionar o señor de Aranga para que a cumpla. O inicio dise que tanto o rei Fernando II coma o arzobispo Gundestéiz tiñan asimesmo parte nas xurisdiccions en disputa. O autor do Tumbo de Sobrado donde está a noticia do pleito presenta, en consecuencia, o documento que da noticia do pleito coma unha “karta diuisionis” que fixo o bispo de Lugo, pola autoridade do rei Fernando, entre o Mosteiro de Sobrado e Pedro Muñiz e o arzobispo de Santiago. A sentenza presuntamente arbitral ven de ser froito dunha alianza de Sobrado e Lugo contra Pedro Muñiz e Santiago, que tiñan simpatía cos descendentes dos Traba e o propio rei Fernando II.

A falta de escrituras antigas de posesión da xurisdicción de Aranga por parte de Sobrado, a Comisión lucense xustifica “ab antiquo tempo” a “hereditatem de Condado” en Aranga como “iur et voce” de Sobrado, facendo mención do privilexio do 8 de abril de Alfonso VII, que redactara o acordo dos condes de Traba, Fernando e Bermudo, donde se delimita a forma farto xenérica o coto de Sobrado, sin referencias a Aranga. O documento pro-Sobrado da comisiónde 1168, deixa en evidencia o incumplimento por parte do señor de Aranga, xa que ata ese momento, escriben, os “fratres non receperant”, as xurisdiccions e os bens en litixio, que Pedro Muñiz tiña que por “in manu” do bispo de Lugo. Polo contrario, “Petrus Munione tenuisset totam aliam terram populatam et vocem rusticorum cum sua propria directura”, de maneira libre e tranquila, a pesar de ser de Sobrado (que “esse de voce Superaddi”). O mosteiro valora especialmente, dentro dos dereitos do señor de Aranga, as prestacions persoais de carpinteiros, pedreiros e gandeiros.O que demostra o desenrolo económico e social das aldeas de Aranga antes da implantación das granxas cistercienses de Carballotorto e Carballal no s.XIII.

Podese atestiguar a continuidade de Pedro Muñiz como señor de Aranga mediante outros documentos. O 12 de xullo de 1168, un mes e once días despois daemisión do documento “arbitral” a favor de Sobrado, don Pedero aparece mencionado nunha escritura do Tumbo de Sobrado como o “Tenente Aranga, Petro Munionis” seguido de Gomes Gundisssaui senior in Trava et in Faro”. O que quer decir que o Mosteiro asume de facto a contraveccióndo laudo da comision de notables do 1 de xuño de 1168. O un de novembro de 1169, un ano despois do pleito, constan de novo xurisdiccións separadas de Aranga e Traba: “Gomez Gundisalui dominante en Trastamar [Traba] et in Faro [A Coruña]”, por un lado , e “Petrus Munionis in Aranga”, polo outro. O 1 de Marzo de 1171, noutro documento mencionase soamente como autoridade local de maneira grandilocuente o “Princeps ipsius terre Petrus Munionis, qui tenebat Aranga et suus uicarius Froilla Roderici”

En 1176, Pedro Muñiz, xa maior, aínda frecuentaba a corte de Fernando II. A simpatía do rei, e mais aínda a do arzebispo Pedro Gudesteiz, veuse reforzada pola participación de Pedro Muñiz e o seu fillo na defensa de Cáceres no 1170, feito militar que deu lugar a Orden de Santiago, da cal o noso cabaleiro e señor de Aranga foi un dos cabaleiros fundadores. Podemos presumir que, no momento do pleito con Sobrado pola terra de Aranga, Pedro Muñiz tiña asimesmo o sosten do herdeiro do condado de Traba-Trastamara, Gomez Gonzalez que estaba casado coa sua filla Elvira Perez. O conde Gomez confirma en 1183, a cesión dos dereitos históricos de encomenda dos Traba sobre a terra de Sobrado a Iglesia de Santiago.

A victoria en Aranga do neto segundón de Pedro Froilaz de Traba, e fillo do conde de Monterroso, contra as pretensions de Sobrado sobre Aranga parece total no inmediato, e mais ala dos seus apoios políticos, non se comprendea marxe da vontade “multitudine populorum rusticorum”Tumbo de Sobrado , II, p. 47. de preferir o dominio laico dos Traba e Monterroso o señorío monacal de Sobrado.En esencia conflicto campesiños/monxes cistercienses como motor de fondo do pleito Traba/Sobrado de 1168 ven a demostrar o protagonismo como suxeito histórico da comunidade campesiñado coto feudal, mais ala da mais coñecida comunidade de aldea, e papel da resistencia campesiñ, entre 952 e 1193, a absorción do coto de Aranga polo mosteiro de Sobrado. Querese decir con esto que a loita dos campesiños de Aranga contra o dominio de Sobrado en 1347 (que deu a coñecer o dereito a pernada na granxa de Carballotorto)ten precedentes 179 anos antes e axuda a entender a severidade das prestacións feudales de Sobrado no coto rebelde.

Entre 1171 e 1193 a situación do coto de Aranga en mans dunha rama lateral dos Traba deteriorase, o castelo queda abandoado, Alfonso IX recobrao e cede a Sobrado de maneira definitiva ata as novas e violentas intromisions da nobreza trastamarista de 1369 en adiante. Desde 995 ata 1193 producesee un xogo de poder a tres bandas entre o Mosteiro de Sobrado, o condado de Traba e a Iglesia de Santiago, que veciños de Aranga aproveitan para manterse a marxedo poder feudal mais importante e temido da zona, a pesar da dulcificación social e a razionalización económica do ideal cisterciense. O mosteiro de Sobrado non foi capaz de sustraerlle a terra de Aranga e o seu castelo a caasa dos Traba o longo do s.XII. Estos disfrutaban, ademais da sua converxencia puntual con intereses dos campesiños e artesans de Aranga, do apoio dos reis de León, Alfonso VII(1126-1157) e Fernando II(1157-1188), que se criaran con eles. Os monxes que subsistían no edificio abacial bastante tiñan con defenderse dos intentos dos fillos de Pedro Froilaz, condes de Galicia, de susutituir a extinta casas de Presaras no control vía encomenda do noutrahora puxante mosteiro. Polo que finalmente foi a Iglesia de Santiago quen protexeu a autonomia do mosteiro cisterciense, cando o propio declibe e fragmentación dos Traba fixo posible a neutralización do castelo e a integración de Aranga no coto de Sobrado.

En 1118 a raiña Urraca e o seu fillo rei Alfonso VII para agradecer-los seus servizos a Pedro Froilaz, primeiro conde de Traba, entregan, en forma de encomenda, o Mosteiro de Sob rado os seus fillos, Fernando e Bermudo Pérez de Traba, co argumento autocrítico de que , un século antes, Fernándo I había usurpado con violencia os avós maternos dos irmans Traba: condes Sigeredo Aloitez e Adosina Arias. O patronazgo dos Traba resulta ratificado, en 1135, por un Alfonso VII xa adulto e que confirma a doazon os irmans Traba do mosteiro de Sobrad. En 1142, Fernando e Bermudo Pérez de Traba, aceptando novos tempos, e fracasos propios, entregan formalmente o mosteiro, animados polo rei Alfonso a orden francesa do Cister. Inicia asi a abadia de Sobrado o seu ascenso económico e social como señorio independiente. Sucedense ahora, paradoxicamente as doazons os novos monxes(francese) de heredades da propia familia dos Traba e xa cara o 1160, cando morre seu irmán Fernando, ingresa a idade abanzada Bermudo Pérez de Traba como simple monxe en Sobrado. En 1151, o emperador Alfonso VII oficializa a nova situación confirmando e definindo os límites xurisdiccionales do mosteiro cisterciense de Sobrado co consentimento dos irmans Traba(a carta faise co el “consilio et uoluntate comites domni Fernandi et domni Ueremundi Petri”) que firman ou confirman o privilexio final. En 1183, Fernando II ratifica unha decisión anterior de Fernando Pérez de Traba de traspasa-la xurisdicción de Sobrado a Iglesia de Santiago, añadindo os tributos o rei e o mosteiro de Mezonzo, o que non debeu satisfacer completamente os monxes cistercienses, en cuios documentos e memoriales non quedou testemuña deste documento, que significaba a fin do control dos Traba sobre Sobrado. A partir de aquí, os condes de Traba seran considerados reconstructores de Sobrado polos futuros recopiladores de códices e historiadores benedictinos. Así e todo, con independencia das suas relacions co Mosteiro, os Traba nunca incluiron o coto de Aranga no coto de Sobrado, nin antes nin despois do seu prolongado patronazgo sobre o convento, tampouco a desaparicióndos irmáns Fernando e Bermudo en paz cos monxes. Por cuestión identitaria, preservaron sempre os castelos de Traba e Aranga, coas suas xurisdiccións para a casa mattriz ata finais do s. XII, en pleno transito cara o condado Trastamara-Monterroso, que dous séculos despois, revolucionaría o reino de Galicia e a coroa de Castela, levantandose de novo o vello castelo de Aranga para dor de cabeza do mosteiro de Sobrado e dos propios veciños, que o derrocarían en 1467 durante a revolta irmandiña. Información extraida de:Carlos Barros Universidad de Santiago de Compostela

www.h-debate.com/cbarros/spanish/medieval.htm#14  onde se ponde ampliar a información e aclara-las posibles dúbidas ou antecedentes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s