Plantación de Eólicos

Hoxe houbo reunión informativa organizada pola asociación de San Salvador de Fervenzas. Tratábase de informar os veciños sobre os proxectos eólicos que afectarán a comarca. Por primeira vez desde que comenzaron as movilizacións por este tema, o alcalde dou a cara. Pa dicir que non sabía nada e que se poñía do lado dos veciños.

Para pornos en situación: o prazo de exposición pública e alegacións xa “caducou” para varios dos proxectos presentados.

Primeira pregunta: este tipo de proxectos deben de expoñerse públicamente para que os afectados poidan informarse e presentalas alegacións que vexan oportunas no prazo previsto. Por regla xeral, a “exposición pública” deste tipo de proxectos faise no concello. A empresa promotora manda a información o concello para que se expoña durante un prazo mínimo obrigatorio. Unha vez acabado este prazo, activase o de “alegacións.

POLO TANTO: Se o concello non recibe a información en prazo para a sua exposición pública DEBE EXPOÑER INMEDIATAMENTE UNHA QUEIXA OU DENUNCIA e paralizala tramitación dos proxectos para poder trasladar toda a información os veciños.

Polo contrario, se recibeu a información e non a trasladou de forma correcta os veciños, como mínimo pedir disculpas, e logo tentar solucionalo problema por tódolos medios. Neste caso trataríase dun caso grave de deixadez de funcións.

Na reunión de hoxe o alcalde, lonxe de disculparse mentiu descaradamente, xa que, o contrario do que espuxo, non recibeu nin atendeu as chamadas e petcións de moitos veciños que se acercaron ou chamaron o concello para solicitar información, algúns deles, de forma insistente…

About santifervenzas

Electromecánico (en dique seco)de profesión. Empeñado en divulgar o patrimonio cultural,histórico e natural de Fervenzas en particular e do resto do concello de Aranga. Pasando a maior parte do tempo libre adicado a chapucillas varias e a recorrer camiños e corredoiras
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s