Nos tempos que corren estamos faltos de ideas para saír do paso e sobrados de mala hostia pá botarlle a culpa os demais. O Concello de Aranga ten unha economía rural, con certa importancia no sector primario. Logo ten un par de negocios máis ou menos importantes pa comarca entre hostelería e outros. Todo, esforzo privado. Dende o concello podíanse tomar iniciativas para axudar, en especial, a ese sector primario, ofrecendo apoio, asesoramento e sobre todo, ser o primeiro en presumir dos productos que saen das nosas hortas e granxas…

Por outro lado, Aranga ten, e non ten, un gran potencial para atraer turismo, e con él inversión. Digo ten e non ten, porque haberlo hailo, pero para o concello practicamente non existe.
Dispoñemos dun patrimonio cultural e natural importante, concellos con menos oportunidades están a sacar un rendimiento importante do seu patrimonio, sea histórico ou natural. Esto da a oportunidade o florecemento dunha economía dirixida a atención e explotación destes recursos. E por conseguinte, frear o despoboamento…


Tampouco se pode olvidar os artesans, que hai una cuántos no concello. Alguns deles, con algo de axuda e asesoramento, poderían convertir ese “hobby” nunha fonte de ingresos importante…