
Nas últimas semanas incrementáronse sensiblemente as visitas o Fervencedo, para ver as fervenzas que se forman nun pequeño tramo do río de Vexo. Moitos destes visitantes atoparon dificultades para atopalo lugar por falta de sinalización, e seguramente, moitos so viron unha parte destas fervenzas polo mesmo motivo.
Vai sendo hora de que o concello mostre un pouco interés polo desenvolvemento da comarca, comenzando por coidar e por en valor o seu rico patrimonio natural. De non ser capaz de realizalas tarefas para as que foi escollido, debería apartarse a un lado e deixar que alguén, comprometido coa comarca, tome as rendas para tentar darlle unha oportunidade a un concello que, pouco a pouco, languidece por falta de oportunidades e desleixe da corporación actual.