Está a punto de chegar o II memorial a celebrar na parroquia de Santa Mariña de Guitiriz. Unha homenaxe, en particular, os coñecidos coma os irmáns da Lexía, traballadores, deportistas e defensores da liberdade que plantaron cara o golpe de estado que nos levou a unha fracticida guerra civil e a 40 anos de sangrenta ditadura, que a día de hoxe, aínda esta presente. Esta tamén e unha homenaxe a todolos homes e mulleres que loitaron pola liberdade e que ainda esperan que se lles faga xustiza.
Se queres colaborar ponte en contacto coa organización.