Invitación

Sin ter nada que ver con Aranga e tendo moito que ver, Invítovos a todos a ser un pouco curiosos e investigar os antecedentes da extrema dereita en Europa e no mundo no século vinte. O auxe desta vertente política en Europa en xeral e en España en particular, non vai traer nada bo. As guerras mundiais son un perfecto exemplo do que significou apoiar estes partidos en tempo de crise. Estamos en tempo de eleccións, pensar ben o que ides facer o día das votacións e pensade no ben común non no populismo facilón que promoven algúns. En España ainda hai máis de 100.000 desaparecidos grazas o apoio que recibiu a dereita e que sostivo unha ditadura de 40 anos e unha endeble democracia de outros tantos . Participar nas eleccións e a única saida, e poida que o mal menor será a única saída. E hora de porse en pé e loitar polos dereitos. No bar pódese discutor moito, pero non se arranxa nada….

About santifervenzas

Electromecánico (en dique seco)de profesión. Empeñado en divulgar o patrimonio cultural,histórico e natural de Fervenzas en particular e do resto do concello de Aranga. Pasando a maior parte do tempo libre adicado a chapucillas varias e a recorrer camiños e corredoiras
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar un comentario