Fornada

En tempos era rara a casa que non dispoñía de forno.

O cultivo de trigo e centeo eran habituais para facer un pan que xa quixeran moitas panaderías de hoxe en día. Por desgraza, estes fornos foronse perdendo. Hoxe en día son poucos os que poden presumir de facer, inda que sexa de vez en cando, o seu propio pan.

Antes da chegada dos cereais, utilizabanse as landras para facer tortas, que facían a función do pan. O proceso de facer pan de landras era bastante longo, polo que o cambio os cereais supuxo unha revolución na alimentación local.

Pensar que este pan tradicional podía conservarse de forma tradicional durante semanas.

Ademais do pan, seredes moitos os que recordaredes as “papas”, ese pure de fariña e leite pa quentalo corpo…

Hoxe en día, a facilidade de conseguir pan “industrial” e o minifundismo, fixo desaparecer a elaboración do pan tradicional e tamén, practicamente, o cultivo do trigo e centeo.

Con todo esto, explicamos outro dos grandes problemas do rural. A falta dunha ordenación do territorio fai imposible que se poidan cultivar de forma rentable moitos productos. Aranga e unha zona privilexiada para o cultivo de cereais coma o millo, centeo, trigo… E por superficie podería supor unha importante fonte de ingresos, tanto polos cereais coma polo pan ou derivados…

E non olvidar que o lúpulo, en tempos deu moita riqueza e hoxe en día podería voltar a dala. Aranga e arredores dispoñen das condicións ideais para o seu cultivo… E non moi lonxe temos unha fábrica de cervexa que ten que “importar” gran cantidade do lúpulo que utiliza…

Advertisements

About santifervenzas

Electromecánico (en dique seco)de profesión. Empeñado en divulgar o patrimonio cultural,histórico e natural de Fervenzas en particular e do resto do concello de Aranga. Pasando a maior parte do tempo libre adicado a chapucillas varias e a recorrer camiños e corredoiras
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s